Cargando resultados...
Localizan en bo estado o fillo da muller que apareceu morta en Paradela
O menor estaba nun centro comercial de Lugo

G24.gal
10/05/2022 21:20
Na tarde deste martes foi localizado en bo estado o menor, de 15 anos, fillo da muller que apareceu morta no concello lugués de Paradela. O adolescente estaba nun centro comercial da cidade de Lugo onde foi recoñecido por un compañeiro de clase e a súa nai que deron aviso ás forzas de seguridade.
O menor xa foi identificado e recollido polos axentes. Aparentemente estaba en bo estado pero foi trasladado para unha revisión médica.