Cargando resultados...
Loito no mundo dos rallys polo falecemento dunha copilota en Llanes
Soraya Barreiro morreu nun accidente no treito de El Mazucu, mentres o piloto Germán Romano foi hospitalizado con queimaduras
O Rally de Llanes, onde Cohete Suárez buscaba certificar o Supercampionato, foi suspendido
G24.gal
27/09/2026 10:54
O mundo do motor deixou este sábado unha imaxe dura e triste. A do minuto de silencio polo falecemento da copilota asturiana Soraya Barreiro no Rally de Llanes nun accidente terrible no treito de El Mazucu. O seu coche saíu da estrada e incendiouse. O piloto, Germán Romano, puido fuxir, con queimaduras.
O Rally de Llanes foi suspendido tras a tráxica noticia. E a celebración do supercampionato de Cohete Suárez terá que agardar.