Cargando resultados...
Lúa do lobo, a primeira lúa chea do ano
A denominación lúa do lobo ten a súa orixe no feito de que as nevaradas desta época do ano dificultaban a busca de comida dos lobos no monte, polo que os animais adoitaban achegarse ás aldeas
G24.gal
13/01/2025 21:10
Estes días pódese contemplar a primeira lúa chea do ano. Coñecida como lúa do lobo, deixará espectaculares imaxes no ceo ata o próximo mércores, sempre que a meteoroloxía o permita.
A denominación lúa do lobo ten a súa orixe no feito de que as nevaradas desta época do ano dificultaban a busca de comida dos lobos no monte, polo que os animais adoitaban achegarse ás aldeas.
Para observala, deixará ata o mércores espectaculares imaxes e, segundo algúns, moita maxia.