Máis de trinta recoñecidos 'chefs' cociñan en Galicia por unha boa causa
Entre todos os cociñeiros suman 73 estrellas Michelin e cociñarán para 300 persoas
A recadación irá nesta edición para a Asociación Galega da Síndrome de X Fráxil
Máis de 30 recoñecidos cociñeiros españois reúnense en Galicia para o evento solidario Estrelas solidarias no Camiño, que organiza dende hai anos o restaurante Casa Barqueiro de Negreira.
O presidente da Xunta Alfonso Rueda almorzou este luns con eles e agradeceu o seu labor para impulsar o turismo de calidade.
Entre todos os chefs suman 73 estrellas Michelin e cociñarán para 300 persoas cun fin solidario. A recadación irá nesta edición para a Asociación Galega da Síndrome de X Fráxil, a principal causa xenética de discapacidade intelectual.
O presidente da Xunta destacou a importancia deste evento para darlles visibilidade a enfermidades raras coma esta. Alfonso Rueda dixo que os chefs son "aliados fundamendamentais" para unha oferta turísitica de calidade en Galicia.
Os cociñeiros Martín Berasategui, Lucía Freitas, Elena Arzak e Manuel Costiña súmanse dende hoxe ao paseo da fama dos chefs que se inaugurou o ano pasado en Negreira. No encontro participan varios galegos, como Pepe Solla, Yayo Daporta, Javier Olleros ou Pepe Vieira.