Máis de 300 artistas participarán nos "Concertos do Xacobeo"
Actuarán recoñecidos artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony, C. Tangana, Imagine Dragons ou a banda británica Muse
Tamén figuras do panorama musical galego coma Iván Ferreiro, Xoel López ou Tanxugueiras
A oferta musical inclúe uns 70 eventos nas catro provincias galegas durante sete meses
"Un Xacobeo unido polo camiño e pola música" cunha "programación única". Con esta idea presentábase este mediodía en Compostela a programación de Concertos do Xacobeo.
Actuarán recoñecidos artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony , C. Tangana, Imagine Dragons, a banda británica Muse, tamén figuras do panorama musical galego coma Iván Ferreiro, Xoel López ou Tanxugueiras, entre outras.
O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, foi o encargado de facer a presentación acompañado, entre outros, do conselleiro de Cultura en funcións e do alcalde de Santiago.
A Xunta incide en que deseñou un espectáculo descentralizado que quere dar protagonismo ao carácter global dun evento internacional como é o Xacobeo e que se espalla por todos os recunchos de Galicia.
Durante sete meses, vilas e cidades de toda a comunidade gozarán dunha oferta musical que inclúe uns 70 eventos musicais nas catro provincias galegas durante sete meses.