Cargando resultados...
Máis de 500 maiores pasan acompañados este Nadal grazas ao programa Xuntos polo Nadal
Hoxe é un día en que estar só faise máis costa arriba se cabe
Son moitos os maiores que non teñen a ninguén con quen pasar este Nadal
Pensando neles a Xunta puxo en marcha o programa Xuntos polo Nadal

G24.gal
24/12/2022 20:01
Última actualización 24/12/2022 20:11
Moven o corpo coma os de 20.
Moitas ganas de pasalo ben e moita enerxía, coma a de Isabel, que aos seus 90 anos participa en todo o que lle propoñen.
Viven sós todo o ano, pero aquí fano todo en compañía.
Unha chea de actividades, xogan as cartas, o dominó, ao billar, hainos adictos tamén ás novas tecnoloxías e os que son máis de barra ca de pista.
Aquí atoparon unha gran familia. Iniciativas cama esta conseguen que estas datas tan familiares sexan datas especiais para todos.