Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis do 10 por cento das familias galegas son monoparentais

Máis do 10 por cento das familias galegas son monoparentais

O 69 por cento destas familias están a cargo da nai

Este mércores presentouse a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia

G24.gal 29/06/2022 14:24

Máis do 10 por cento das familias galegas son monoparentais, e o 69 por cento delas están a cargo da nai. Hoxe presentábase a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia, que nace para asesorar os fogares nos que a crianza recae nunha soa persoa.

A secretaria xeral de Igualdade que asistiu a presentación falou dunha nova liña de axudas para apoiar a estas familias. "Hai unha nova convocatoria de axudas para reforzar a atención a estas familias monomarentais, e desde a Consellería de Política Social creouse un rexistro de familias monoparentais, un paso necesario para coñecer a súa realidade e dificultades", dixo Susana López Abella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade