Cargando resultados...
Manifestacións nas principais cidades galegas para que se esclareza o crime de Barro
Jessica faleceu despois de que un individuo chocara intencionadamente contra o seu coche

G24.gal
22/03/2022 21:52
Esta tarde repetíronse as concentracións en sinal de repulsa polo suposto homicidio de Jessica Méndez. Houbo manifestacións nas principais cidades galegas para reclamar que se esclareza o caso.
Jessica, de 29 anos, faleceu despois de que un coñecido batera contra o seu coche mentres ela agardaba nun stop en Barro. O xuíz instrutor considera que o choque foi intencionado e enviou o responsable a prisión.