Publicador de contidos

Publicador de contidos

Masaxes para peregrinos, outro exemplo de emprendemento no Camiño

Masaxes para peregrinos, outro exemplo de emprendemento no Camiño

Unha parella de Sarria especialízase na atención a camiñantes

Moitos peregrinos buscan masaxes para aliviar as molestias que sofren no Camiño
G24.gal 17/04/2024 20:37 Última actualización 17/04/2024 20:51

Os peregrinos demandan cada vez máis servizos, e iso supón unha oportunidade para moitos emprendedores.

En Sarria atopamos moitos exemplos. O último, o salón de masaxes aberto por Sonia e David, unha parella que decidiu deixalo todo e aproveitar a súa experiencia para abrir o seu propio negocio.

Están moi satisfeitos do seu traballo cuns peregrinos que chegan ao salón con problemas de todo tipo derivados da dureza do Camiño. 

Para eles hai masaxes ben variadas. Todo buscando sempre eliminar molestias, relaxar o corpo e poñelo a punto para que o Camiño se lles faga o máis levadío posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade