Os números impares, os máis vendidos da lotaría de Nadal
Os números impares son as terminacións que, ano tras ano, seguen triunfando
Malia que a venda da lotería de Nadal comezou o pasado mes de xullo, hai quen a deixa para estes últimos días, arriscándose a quedar sen o número que buscan.
"Sempre vai haber alguén que agarde ao último momento para mercar un décimo", di Sonia Vieires, da administración El Búho.
"Eu quería un número que xa mercaba o meu tío no ano 1932, pero xa non o hai".
Os números impares son as terminacións que, ano tras ano, seguen triunfando pero hai tamén quen deixa que traballe o azar, todo para chegar a ser os afortunados o próximo domingo. E todos saben ben en que investirían os cartos.
"Eu gastaría todo".
"Pagar a hipoteca e o resto investilo nalgún negocio".
Pares ou impares, o caso é que este ano, segundo os loteiros, as vendas incrementáronse.
"Segundo a última visita aquí, na miña administración, eu aumentei as vendas entre un 35 e un 38 por cento respecto ao ano pasado", explica Sonia Vieites.
Unha cifra que aínda vai medrar máis, porque a lotaría de Nadal poderá mercarse ata este sábado, 21 de decembro, ás oito da tarde.