Moitos restaurantes xa cobran aos clientes que non se presentan no establecemento
Moitos restaurantes de Galicia xa están aplicando medidas para pór freo aos clientes que reservan e despois non se presentan no establecemento.
Pasan un cargo á tarxeta do titular que fai esa reserva por cada un dos comensais, pero o cobro só se fai efectivo se non aparecemos e non anulamos.
Nun primeiro domingo de maio é indispensable reservar en calquera restaurante. En moitos, ben por teléfono ou a través da súa web, pedirannos os nosos datos e agora tamén o número da nosa tarxeta. María del Pilar Cruz Soriano é a xefa de sala do Restaurante "El Olivo" en Vigo.
Y luego siempre se le envía un correo electrónico al cliente para que introduzca el número de su tarjeta y de esa manera quede reflejado en el caso de que el cliente no aparezca.
Este é un método que están implantando moitos restaurantes para pór límites a eses clientes que non aparecen. Aínda que a medida pode xerar certo malestar, para os hostaleiros este sistema é moi útil. Poñer en marcha esta ferramenta de reserva, a algúns profesionais cústalles 180 euros ao mes. É o caso do propietario do restaurante PurOsushi en Vigo.
Hay gente que no le sienta bien que pidamos la tarjeta. Es una política que hemos adoptado y vamos a sostener. Es un gasto que no me gustaría tener pero como iban las cosas hubo que ponerle freno de alguna manera.
Ese cargo na tarxeta, que é de 20 euros por comensal, e nalgúns casos de 50, aparecerá reflectido un día despois de non presentármonos. Se anulamos a nosa reserva ese mesmo día, non se cobra. Tampouco se hai unha causa xustificada.
A súa implantación din que reduciu unha tendencia que non é a habitual pero que, cando se produce, sobre todo en restaurantes pequenos, aféctalles. Non só ao seu peto, tamén lles parece unha falta de respecto ao sector.