Publicador de contidos

Publicador de contidos

Netanyahu nega o xenocidio e ataca Europa no seu discurso ante a Asemblea Xeral da ONU

Netanyahu nega o xenocidio e ataca Europa no seu discurso ante a Asemblea Xeral da ONU

Numerosos representantes de distintos países saíron da sala cando empezou a intervención do primeiro ministro israelí, deixando amplas zonas baleiras 

O rexedor de Nova York, Zohran Mamdani, fixo un chamamento para executar a orde de arresto emitida contra Benjamin Netanyahu pola Corte Penal Internacional por crimes de guerra e lesa humanidade

O líder israelí durante a súa intervención na Asemblea Xeral da ONU. Reuters. O líder israelí durante a súa intervención na Asemblea Xeral da ONU. Reuters.
G24.gal 24/09/2026 20:34

A intervención do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, ante a Asemblea Xeral da ONU volveu estar marcada este ano pola saída de numerosos representantes da sala cando o mandatario tomou a palabra.

O xesto dos delegados deixou amplas zonas da sala baleiras durante un dos discursos máis esperados da Semana de Alto Nivel da Asemblea.

"Se hai máis covardes morais que se queiran ir da sala, que o fagan agora", dixo o propio Netanyahu antes de comezar o seu discurso.

Netanyahu, repetiu este xoves ante a Asemblea Xeral da ONU unha fórmula recorrente: advertiu do perigo global que supón Irán e negou que o seu país estea a cometer un xenocidio en Gaza, á vez que atacou a Europa e reiterou que Cisxordania pertence a Israel.

Asegurou que destruír as instalacións nucleares de Irán foi "unha das decisións máis doadas" que tomou como primeiro ministro porque, de non facelo, "todos estariamos mortos".

Mentres, entre os asistentes nos palcos podíanse ver simpatizantes con kipás e pines coa bandeira de Israel nas solapas, mentres algúns se facían selfis e aplaudían de pé.

Entre quen o apoiaba, algúns corearon consignas de respaldo a Netanyahu, entre elas unha que dicía "Bibi, es a luz deste cuarto", mentres outros se levantaron para aplaudir ao primeiro ministro israelí. 

Momento en que moitos delegados abandonan a sala. Reuters. Momento en que moitos delegados abandonan a sala. Reuters.

O alcalde de Nova York pide o arresto de  Netanyahu

A protesta diplomática coincidiu cunha mobilización convocada en distintos puntos de Nova York, do mesmo xeito que outros anos, contra a presenza de Netanyahu na cidade con motivo da Asemblea Xeral.

Á marxe da protesta, a presenza de Netanyahu este ano estivo marcada polo chamamento do alcalde da cidade, Zohran Mamdani, a executar a orde de arresto emitida contra o primeiro ministro pola Corte Penal Internacional (CPI), que o acusa de presuntos crimes de guerra e de lesa humanidade relacionados coa ofensiva israelí en Gaza.

Mamdani asegurou estudar as vías legais dispoñibles para determinar se a cidade podía executar a orde, pero sinalou que as competencias para facelo dependen das autoridades federais, controladas pola Administración de Donald Trump. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade