Cargando resultados...
Noite de terror en Quiroga nunha nova edición do festival "Qui Medo!"
Éxito de público coa participación dunhas mil persoas nas actividades
G24.gal
30/10/2022 16:12
Noite de terror a deste sábado en Quiroga cunha nova edición do festival Qui Medo!. Preto de mil persoas percorreron a ruta do medo por oito casas decoradas terrorificamente.
Cen voluntarios caracterizados para a ocasión foron os encargados de aterrar os ousados que atravesaban os muros das vivendas. Este ano adentrábanse nun matadoiro, nun laboratorio zombie, nun convento ou nun psiquiátrico.