Abren novas rutas na illa de Ons para afondar na súa historia
Máis de 5.000 persoas visitan esta Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas
Máis de 5.000 persoas visitan esta Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Na Illa de Ons inaugúranse novas rutas e hai unha novidadade, que axudará a coñecer mellor o seu pasado histórico.
A principal novidade é a apertura dunha nova sala arqueolóxica que a partir de hoxe vai permitir coñecer mellor o pasado da Illa de Ons. A sala é o resultado de máis de dous anos de investigacións arqueolóxicas.
Un dos achados máis importantes está vencellado ao pasado romano da illa ao descubrirse que aquí se fabricaba a partir da cuncha dun molusco a cor púrpura dos romanos. Nesta sala arqueolóxica tamén hai moedas, restos cerámicos que se poden coñecer mellor a través dunha visita guiada que temén se inaugura hoxe.
Todos son atractivos históricos que se suman aos xa coñecidos atractivos naturais desta xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.