Publicador de contidos

Publicador de contidos

O consumo de bebidas azucradas asóciase ao 10 % de novos casos de diabetes tipo 2

O consumo de bebidas azucradas asóciase ao 10 % de novos casos de diabetes tipo 2

Un estudo publicado na revista Nature atribúelle arredor de 340.000 mortes anuais

G24.gal 11/01/2025 14:28

Aproximadamente o 3 % das enfermidades cardiovasculares e o 10 % dos casos de diabetes tipo 2 poden atribuírse á inxesta de bebidas azucradas. Isto é o que conclúe un estudo publicado na revista Nature, baseándose na análise de datos de case douscentos países. 

En todo o mundo, o consumo deste tipo de bebidas está asociado ao redor de 340.000 mortes anuais. O consumo medio en España é de tres por semana.

Falamos dos refrescos e das bebidas enerxéticas, pero tamén dos bricks de zume, bebidas de consumo normalizado cun elevado contido calórico sen valor nutricional que incrementan o risco de exceso de peso e obesidade.

En 2021, España subiu o IVE das bebidas azucradas e edulcoradas do 10 % ao 21 % e o Goberno vainas prohibir nos comedores escolares. En Galicia, o Servizo de Estilos de Vida Saudable traballa para potenciar as contornas saudables.

"A escola é unha contorna segura, pero cando saen ás súas contornas habituais, onde xogan, os pais e as nais onde traballan, é moi importante. Estamos traballando para que os pregos de contratación das máquinas expendedoras contribúan a ter menos produtos deste tipo e máis produtos saudables", explica Carolina Muñoz, xefa do Servizo de Estilos de Vida Saudables da Xunta de Galicia.

É unha das liñas de traballo do programa Plan Obesidade Cero da Xunta, que busca reducir a taxa de obesidade nun 15 % nos próximos cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar