O Diario Oficial de Galicia publica a oferta de emprego público do Sergas, con máis 1.200 prazas
Máis de 120 serán para medicina de familia, 35 para urxencias e máis de 800 para enfermería

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a oferta de emprego do Sergas.
En total son 1.207 prazas, das que 168 están dirixidas a persoal médico na categoría de licenciado sanitario, 958 para diplomados sanitarios e de formación profesional e as 81 restantes para xestión e servizos.
Das 168 prazas para persoal médico, 121 serán para medicina de familia, 35 para urxencias hospitalarias e 12 de hospitalización a domicilio e das 958 de diplomatura sanitaria, a meirande parte, 818 vacantes, serán para enfermería.
Dentro destes postos, haberá 61 prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral e 33 de discapacidade intelectual, estas últimas no grupo de auxiliares administrativos.
O baremo dos méritos incluirá unha puntuación específica por ter traballado en centros de atención primaria considerados illados ou de difícil cobertura, farase o mesmo cos que traballasen en hospitais comarcais.
Como novidade, o decreto inclúe medidas específicas de protección ás aspirantes que sexan vítimas de violencia de xénero ou sexual, asignándolle lugares de traballo que favorezan a súa protección e o dereito á asistencia social.