Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hidróxeno renovable: unha enerxía limpa cara á descarbonización

O hidróxeno renovable: unha enerxía limpa cara á descarbonización

En España na actualidade prodúcense unhas 550.000 toneladas de hidróxeno, das que tan só o 4 % é hidróxeno renovable

G24.gal 30/06/2022 21:18

O hidróxeno renovable prodúcese principalmente mediante un proceso de electrólise que emprega a enerxía eléctrica para separar a molécula de auga en oxígeno e hidróxeno.

"O proceso estrela e que está máis estendido nas empresas do sector son as tecnoloxías que rachan coa molécula de auga que son os electrolizadores. É un proceso que a partir do consumo de electricidade cando non o fas desde a rede e falo a través de enerxías renovables pois o que se obtén é hidróxeno verde ou renovable sen emisión", explica Emilio Nieto, director do Centro Español do Hidróxeno.

O director do Centro Español do Hidróxeno, centro público de investigación que funciona a través dun consorcio público-privado de I+D, participou na Coruña nunhas xornadas sobre enerxía limpa.

Alí, falou das futuras plantas de produción que se prevén instalar en España ao abeiro dos fondos Next Generation: "É integrar dentro do mesmo proceso a fonte de enerxía renovable, a produción de hidróxeno verde a partir dos electrolizadores e logo unha parte pequena para o almacenamento do que produces e a dispensación deste hidróxeno. Iso é o que pode ser unha planta normal. E ese hidróxeno logo emprégase ou ben como materia prima na industria ou ben almacénase para logo ser subministrado en mobilidade coas famosas hidroxeneras ou estacións de servizo para subministrar hidróxeno", argumenta Emilio Nieto.

En España na actualidade prodúcense unhas 550.000 toneladas de hidróxeno das que tan só o 4 % é hidróxeno renovable. O hidróxeno verde está considerado unha das solucións máis eficientes para a descarbonización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade