Publicador de contidos

Publicador de contidos

O IDIS sitúa Galicia na vangarda europea dos cribados neonatais de enfermidades conxénitas

O IDIS sitúa Galicia na vangarda europea dos cribados neonatais de enfermidades conxénitas

O proxecto que codirixe a doutora galega Luz Couce foi seleccionado e financiado polo Instituto de Investigación Sanitaria Carlos III

Analizará nas mostras de sangue de 2.500 bebés de toda España 800 xenes e 300 patoloxías

G24.gal 03/01/2025 14:20

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, o IDIS, foi seleccionado para o proxecto Cringenes. Analizarán aquí mostras de sangue de 2.500 bebés de toda España nun cribado xenético que sitúa a Galicia á vangarda europea na detección precoz de enfermidades conxénitas.

A bolsa para a investigación son case dous millóns e medio de euros de fondos europeos, concedidos ao IDIS polo Instituto de Investigación Sanitaria Carlos III.

Os laboratorios de Santiago van recibir mostras das nove comunidades autónomas implicadas neste proxecto. Apoiados polos responsables de Saúde Pública, os investigadores buscan descubrir no xenoma dos bebés as rutas de enfermidades que teñen tratamento se se detectan a tempo.

 "O que imos facer, se o autorizan os pais, é un estudo xenético para 300 enfermidades que teñen manifestación na infancia e teñen un tratamento. Denomínanse enfermidades accionables", dixo Luz Couce, a xefa de Servizo de Neonatoloxía do CHUS e directora científica do IDIS

A galega Luz Couce e Ángel Moreno, do Ramón y Cajal, codirixen este proxecto no que hai neonatólogos, xenetistas, pediatras, enfermeiras. Setenta e tres persoas en total que, coa mostra de sangue seco do talón, analizarán ata 800 xenes de cada bebé.

"Porque de momento non temos marcadores bioquímicos para esas enfermidades. E a ciencia vai rápido e precisa máis marcadores. Nestes casos podemos ter marcadores xenéticos", engadiu Luz Couce, xefa do Servizo de Neonatoloxía do CHUS e directora científica do IDIS 

Galicia sitúase así na vangarda europea en cribados neonatais. O proxecto, que bota agora a andar, leva tamén aparellado un estudo económico de viabilidade para implantalo no sistema público de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos