Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un viño de Sober logra nunha cata a cualificación do mellor viño de España

Un viño de Sober logra nunha cata a cualificación do mellor viño de España

Foi elixido entre cen caldos polo enólogo James Suckling

G24.gal 17/11/2024 14:45

Segundo James Suckling, un enólogo que é un referente mundial, en Galicia elabórase o mellor viño de España, concretamente en Sober, na Ribeira Sacra. Trátase dun mencía producido en Doade, en Amandi, e do que sairán ao mercado unhas 7.000 botellas.
Sen dúbida, é un éxito para a adega produtora, pero tamén para unha denominación de orixe que cada ano ten máis recoñecemento, tamén internacionalmente.

Estamos en Sober e aquí prodúcese o mellor viño de España, segundo o crítico James Suckling, un prestixioso enólogo que o recoñeceu entre cen. 
Un recoñecemento que chega como un aloumiño para unha adega na que a tradición de facer viño foise herdando ata que hai 34 anos emprenderon a profesionalización.

O recoñecemento leva emparellado un reto.

O Meixeman 2022 obtívose da vendima dunha parcela homónima de dúas hectáreas e media cun solo de transición entre lousa e granito e cunha orientación sur-leste e sur-oeste.
Poñeranse á venda unhas 7.000 botellas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade