Cargando resultados...
O museo dos inventos do Lebre das Casarizas aberto na Peroxa
G24.gal
21/07/2023 20:50
Última actualización 21/07/2023 21:01
Principios do século XX na Peroxa, non había que non coñecera o Lebre das Casarizas. Creativo, inquedo, intelixente...
A Manuel non lle gustaba a traballar a terra nin ir coas vacas como o resto dos mozos do seu tempo na Peroxa.
El foi transportista, ferreiro, xoieiro, torneiro, veterinario e dentista pero sobre todo inventor.
Ideou e creou peza por peza o seu propio torno dental e unha malladora limpadora. Esta é a xoia do museo. Como esa máquina fixo varias que vendeu a diferentes parroquias.
Pero no museo atopamos obxectos feitos por el tan curiosos coma un bastón escopeta.
Na forxa que tiña na casa facía el mesmo a munición. Todo pode verse no museo que na Peroxa lle dedican ao que de ser o tolo pasou a ser o Da Vinci da contorna.