Cargando resultados...
O Nadal chega á Cidade da Cultura
Xa se pode visitar o Marabilloso Camiño de Inverno

G24.gal
17/12/2021 20:57
O Nadal tamén chega á Cidade da Cultura de Santiago e faino co Marabilloso Camiño de Inverno.
É unha instalación que transporta á Ruta Xacobea, atravesando un bosque de luz poboado por globos de neve que conteñen no seu interior paisaxes, monumentos e cidades emblemáticas do Camiño.
Inaugurouse esta tarde co tradicional prendido das luces da árbore de Nadal ao que asistiu o conselleiro de Cultura.
O marabilloso Camiño de Inverno é obra da deseñadora galega Ana Inés Jabares-Pita, premiada como unha das mellores escenógrafas do Reino Unido.