Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo regulamento municipal de Pontevedra multa con ata 3.000 euros actitudes incívicas nas rúas

O novo regulamento municipal de Pontevedra multa con ata 3.000 euros actitudes incívicas nas rúas

Atentar contra elementos da zona histórica, tirar cabichas ao chan, non recoller excrementos dos cans ou lavar coches na rúa, entre as actitudes sancionables

G24.gal 24/01/2025 20:15 Última actualización 24/01/2025 20:23

Pontevedra estrea nova normativa que endurece as multas contra as actitudes incívicas nas rúas. A contía das sancións pode acadar os tres mil euros.

Unha sanción leve hoxe en Pontevedra implica unha multa de ata 750 euros. Pode ser por arrastrar unha bolsa de lixo sobre a beirarrúa, desprazar un colector ou deixar ao seu carón, fóra do contedor, obxectos ou bolsas para guindar. 

No treito das multas graves, entre 750 euros e 1.500 euros, están actitudes como tirar cabichas ao chan, lavar un coche na rúa, non depositar os residuos no colector de lixo adecuado ou non recoller os excrementos das mascotas.

O novo regulamento recolle como sancións moi graves, ata 3.000 euros, atentar contra a zona histórica, o mobiliario urbano ou as áreas protexidas. O concello de Pontevedra quere estender a cultura da reciclaxe, esixencia da UE e da lei de residuos do 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade