O outono en Galicia será máis cálido e húmido
En poucos días cambiaremos de estación, deixando atrás, segundo a AEMET, o segundo verán con máis calor da serie histórica
Moi cálidos e húmidos, así foron estes meses de verán en Galicia.
"Foi o segundo verán máis cálido da serie histórica, só superado polo 2022, que foi extremadamente cálido", comenta o delegado da AEMET en Galicia.
Non se bateron marcas, salvo en series moi curtas. Os días 8, 22 e 23 foron os máis cálidos do verán, cando os termómetros en comarcas do interior chegaron a superar os 42 graos.
Choveu, e por momentos, dabondo. En xuño, algunhas comarcas do centro e do leste rexistraron precipitacións, asociadas a frecuentes tormentas que superaron o 300 por cento do seu valor normal. Foi o sétimo xuño máis chuvioso dende que se teñen rexistros.
Porén, as previsións apuntan a que imos ter un outono anómalo en canto a choiva e temperaturas. Hai unha alta probabilidade de que o trimestre sexa máis cálido do normal e tamén máis húmido.
E para ir facéndonos á idea, esta última fin de semana do verán xa virá marcada pola inestabilidade.