O pan negro arrasa en Pontevedra
Leva carbón activado e axuda a eliminar toxinas
Elabórase sen glute como todos os produtos desta panadería
A súa cor é o primeiro que chama a atención deste pan. A gran diferenza é que leva carbón activado. O panadeiro David Ferreira explica que cada quilo de masa leva tres gramos de carbón activado, pero non ten problema porque o corpo non o absorbe. A súa socia, Paula Veiga, matiza que o carbón non dá ningún sabor polo que o pan sabe a pan e ademais elimina as toxinas.
Paula e David puxeron en marcha esta panadería en Pontevedra hai medio ano. Están especializados en produtos sen glute e tamén queren innovar con novos sabores e ingredientes. Ela busca novos enfoques, como o pan de cúrcuma, que, segundo sinala, axuda a baixar a inflamación do intestino, ou o que se elabora con algas, que proporcionan moitos nutrientes e minerais.
Cando abriron o negocio elaboraban 4 tipos de pan diferentes, e agora xa ofrecen 19 cos que conseguiron gañar a lealdade da súa clientela. Mesmo experimentaron co pan de sasafrán, todo un éxito, pero demasiado caro para comercializalo. Cada día tratan de innovar para ofrecre máis alternativas saúdables e sen glute.