Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo dos combustibles continúa subindo no inicio de 2025

O prezo dos combustibles continúa subindo no inicio de 2025

O ano comeza con novos valores máximos desde o verán

A pesar das subas e cos prezos actuais, encher un depósito medio en 2025 é case tres euros máis barato que nas mesmas datas do ano pasado

G24.gal 05/01/2025 15:07

Nesta primeira fin de semana do ano con moitos desprazamentos por estrada, os condutores constatan que os prezos dos combustibles seguen subindo e que o 2025 comeza con novos valores máximos nos carburantes desde o verán. 

Dependendo da estación de servizo á que acudamos a repostar, os prezos dos combustibles varían. O que custa o litro de gasolina e gasóleo flutúa segundo o punto de venda e a localidade na que o fagamos.

"Aquí nesta estación mantéñense os prezos como hai mes e medio, estables, tanto no diésel coma na gasolina, di Mari Carmen Iglesias, traballadora dunha estación de servizo.

Aínda así, de media os carburantes continuaron subindo durante esta semana de xaneiro.

"Se sobe que suba pouco a pouco e que vaia acordo cos soldos", "está caro si", din algúns condutores.

Segundo datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea, o valor medio do litro de gasóleo subiu un 0,69 % con respecto á semana pasada. Chega así de media ata os 1,442 euros, o seu nivel máis alto desde o verán. 

O prezo medio do litro de gasolina situouse nos 1,525 euros. Encareceu un 0,66 % con respecto á semana pasada. Isto supón un novo máximo desde a segunda semana de setembro.

"Subiron bastante os últimos días, de 1,20 que estaba, creo, parece que está a case a 1,40"
"Para a xente que usa o coche todos os días, que o utiliza para traballar fóra entendo que claro que ten un problema", engaden outros clientes.

Pero a pesar das subas recentes e cos prezos actuais, encher un depósito medio en 2025 é case tres euros máis barato que nas mesmas datas do ano pasado. 

Segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea, os valores dos combustibles en España son máis baratos que os da media europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade