Pepe Vieira recibe dúas estrelas Michelin; Ceibe e O Pazo fanse con unha
Premian a innovación culinaria, a sustentabilidade, a técnica dos chefs e mais a calidade dos ingredientes
O Pazo e Ceibe, son galardoados cunha estrela Michelín por pimeira vez e Pepe Vieira obtén a segunda estrela
Hai 16 restaurantes con estrela en Galicia

Chegan a Galicia dúas novas Estrelas Michelin. Recibíronas os restaurantes O'Pazo de Padrón e Ceibe de Ourense.
E o afamado restaurante pontevedrés Pepe Vieira recibe dúas estrelas.
Inspectores e membros do xurado valoran especialmente a innovación culinaria, a sustentabilidade no traballo dos restaurantes e a técnica dos chefs mais os ingredientes que empregan.
En Galicia había ata este martes 15 establecementos que contaban coa prestixiosa Estrela Michelin, e entre eles destaca o Culler de Pau, do Grove con dúas no seu haber.
