Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos 0+ e B+

O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos 0+ e B+

Os hospitais precisan de 500 doazóns diarias para poder atender as súas necesaidades

G24.gal 22/09/2023 11:25 Última actualización 22/09/2023 14:12

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos 0 positivo e B positivo, por ser os que teñen os niveis máis baixos.

O chamamento chega nun momento en que están en niveis normais as reservas dos grupos A positivo, A negativo, 0 negativo e AB negativo, mentres que as dos restantes (B- e AB-) están nun nivel bo.

ADOS advirte que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.

Neste contexto, a Axencia de Doazóns fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade