Escolares de Ourense participan nun obradoiro sobre plantas exóticas invasoras
O alumnado aprendeu que para erradicalas cómpre saber como se reproduce cada invasora, para non favorecer que se sigan espallando
Atentos á explicación da educadora ambiental, nenos e nenas de primaria do colexio Curros Enríquez de Ourense aprenden a identificar cales son as plantas invasoras.
A mimosa e o eucalipto son as máis recoñecidas por todos, foráneas e, a maiores, pirófitas.
Pero hai moitas máis invasoras.
A cala, por exemplo, tan estendida en ornamentación, que ademais de alóctona é tóxica, non vale de nada cortala se deixamos os bulbos. Son os superpoderes das invasoras.
Por iso para erradicala é importante saber como se reproduce cada invasora, para non favorecer que se siga espallando.
Cun xogo puxeron a proba os seus coñecementos e parece que este obradoiro deu froitos, iso si, autóctonos.