Cargando resultados...
Os barcos de recreo que naveguen entre bateas na ría da Arousa non poden superar os oito nós
Tamén limita a dúas millas a distancia máxima que poden percorrer estas embarcacións
G24.gal
10/07/2023 14:29
Os barcos de recreo non poderán superar os oito nós cando naveguen entre bateas na ría da Arousa. A Capitanía Marítima de Vilagarcía fixou esta limitación de velocidade nun documento en que actualiza as condicións de seguridade. Tamén limita a dúas millas a distancia máxima que poden percorrer estas embarcacións, entre as que se inclúen zódiacs, motos náuticas, caiacs ou pedaletas.