Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bares rurais reinvindican o seu papel contra o despoboamento

Os bares rurais reinvindican o seu papel contra o despoboamento

O Congreso dos Deputados tramitará protexelos como bens de interese xeral en municipios de menos de 200 habitantes

As tabernas rurais serven de punto de encontro e servizos dunha poboación envellecida e dispersa

G24.gal 04/04/2023 12:28

Piedade serve viños e vende sementes na barra, mentres a veciña máis nova da zona apura o café e os Susos botan a partida. A esta taberna da Toxa, en Touro, chámanlle O Corte Inglés por ser ultramarinos, estanco, bar e, sobre todo, punto de reunión nun lugar cada vez máis despoboado.

"Dimo todo o mundo, se non porque está o teu bar, esta zona parecería un mortuorio", di Piedad Rilo Mato, a taberneira de Casa Varela. 

"Totalmente, menos mal que está Piedad, ti ves aquí onda ela, falas e vas para casa contenta. Pero ten que haber este tipo de sitios, se non quedamos en nada", comenta unha veciña.

"Xogamos á escoba, tomamos a consumición e botamos uns contos se hai con quen contalos", engade outro veciño.

Ter con quen contar os contos. Esa é a cuestión que máis valoran tamén nesta taberna de Rois, na que ademais podemos consultar o taboleiro de actividades e mercar case de todo, desde butano a pan de millo.

"Sobre todo somos unha familia no rural, eu coñezo a practicamente todos os meus clientes", explica María Luísa Castaño, a taberneira do Toxiño de Rois.

"Se non tes relación coa xente, que fas? Se non vas ao bar onde vas? Eu vivo só, na casa non teño con quen falar, no bar si", destaca un dos clientes.

Pero ter pouca clientela non é bo negocio. Estes bares esmorecen e con eles o último reduto social dalgunhas zonas rurais.

"Aguantar isto a nivel mercado é difícil, hai meses que custa", comenta María Luísa.

"Co bar só ou co ultramarinos é imposible vivir, por iso vendo un pouco de todo", admite Piedad.

"Antes había tres ou catro bares nestas aldeas, agora este é o único que hai" destaca un cliente.

Por iso Teruel Existe propón consideralos ben de interese xeral, para que accedan a rebaixas fiscais e axudas. A proposta vaise tramitar no Congreso, pero para concellos de menos de 200 habitantes, así que Galicia, en principio, non se beneficiaría da medida pensada para que estes bares sigan sendo parada obrigatoria por moitos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos