Os centros de ensino privado de Galicia abordan os desafios do novo cambio educativo
Queda menos dun mes para o remate do curso escolar pero a comunidade educativa xa mira para o mes de setembro. A nova lei de educación entra en vigor o curso próximo
Os centros de ensino privado de Galicia participan nunha xornada de formación e debate en Santiago
Representan máis de 120 centros de ensino privado de toda Galicia e participan na xornada "Desafios e estratexias do novo cambio educativo" que celebran en Santiago. No inicio do encontro a conselleira de Política Social reivindicou a importancia da etapa educativa de 0 a 3 anos, que será gratuíta en todos os centros públicos e privados galegos a partir do próximo curso.
"Imos volver ser pioneiros e referencia a nivel nacional pola gratuidade total de cero a tres anos e en todas as escolas infantís públicas, privadas, as de iniciativas sociais e as que están en pequenos concellos de Galicia"
A conselleira dixo que a Xunta mantén unha aposta decidida por esta etapa educativa e pola conciliación das familias.
"Partiamos en 2009 con poucas prazas públicas e agora hai máis de 25.000 prazas públicas, e por suposto imos continuar apoiando todas as escolas privadas"
Sobre a mesa, tamén os cambios que implica a entrada en vigor da LOMLOE. A nova lei de educación comezará aplicarse a partir de setembro nos cursos impares de primaria, secundaria e bacharelato. Explícao Igancio Gay, presidente de CECE-Galicia.
Ese profe vai que ter que programar de forma diferente a como o facía o ano pasado e iso supón un cambio. No mes de xuño e a finais de agosto traballaremos cos profesores ese cambio de maneira pormenorizada.
Fronte ás materias tradicionais, o novo modelo educativo baséase na aprendizaxe por competencias e muda tamén o sistema de avaliación.