Cargando resultados...
Xa están en Monterroso os refuxiados que foxen da guerra de Malí
Son 120 persoas que piden asilo en España
G24.gal
29/08/2024 20:53
Última actualización 29/08/2024 21:59
Xa se atopan en Monterroso os inmigrantes procedentes de África que foxen da guerra de Mali e que se van instalar temporalmente na localidade. Poucos veciños coñecían a noticia.
Vanse aloxar nun hotel á entrada da localidade, onde xa está todo disposto. A atención correrá a cargo dunha organización humanitaria, que ten por norma non facilitar ningunha información. Só trascendeu que se ocuparán de todo, desde repartir a comida encargada a un servizo de cátering a acompañar os inmigrantes ata que se poidan integrar.
Os 120 inmigrantes que se asentarán en Monterroso son refuxiados que buscan asilo en España.