Cargando resultados...
Os locais especializados en almorzos tardíos fan o agosto
A moda do brunch ou almorzo-comida segue sen desbancar clásicos coma os churros con chocolate
G24.gal
15/06/2024 15:30
A primeira comida do día ten moita importancia na nutrición e na saúde, pero ultimamente tamén nos petos e na economía caseira.
Nos últimos anos, chegaron modas como o brunch: palabra inglesa que mestura os termos breakfast (almorzo) con lunch (comida) e que vén sendo un almorzo tardío e forte que xa fai de comida. Os churros ou o croissant de toda a vida seguen aí, pero cada vez buscamos almorzar de xeito máis saudable.