Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos receitarán concertos e museos contra a soidade non desexada

Os médicos receitarán concertos e museos contra a soidade non desexada

O programa piloto de prescrición cultural comezará no Museo Provincial de Pontevedra e afectará pacientes de toda a área sanitaria

G24.gal 27/01/2025 14:35

As actividades culturais devólvennos o sentido de pertenza e a relación social pode servir para afastar a ansiedade. Son evidencias científicas que con esta inciativa pretenden incorporarse na práctica clínica para a mellora da saúde emocional. 

A iniciativa comezará con entradas para as exposicións, obradoiros e concertos do Museo Provincial de Pontevedra, que serán accesibles para toda área sanitaria.

"Toda a dispoñibilidade de entradas, obradoiros, nun primeiro intre no Museo de Pontevedra, pero despois ímolo facer máis extensivo", declarou Rafael Domínguez, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra. 

"Os pacientes están en contacto co seu médico de familia, e non só. Asistentes sociais ou enfermeiras especialistas van ver quen son os pacientes que precisan este tipo de atención", engadiu José Flores, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra O Salnés.

Serán entradas completamente anónimas, para gardar a privacidade. E no futuro pensan en ampliar ao ámbito dos deportes.

Hai xa programas similares en Londres, París ou Melbourne, que demostraron ser eficaces contra a soidade non desexada e diversos trastornos relacionados coa saúde mental e emocional, que sufriron unha suba tras a pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos