Cargando resultados...
Os portugueses só teñen que usar máscara nos centros sanitarios e nas residencias
Portugal ten incidencia acumulada de 148 casos a sete días

G24.gal
25/08/2022 20:28
Diminúen as restricións en Portugal. A partir de hoxe, os portugueses só terán que usar máscara nos centros sanitarios e nas residencias da terceira idade.
O Consello de Ministros portugués retirou a obriga de usar máscara no transporte público, aéreo, taxis e nas farmacias, aínda que a mantén nos centros sanitarios e sociosanitarios.
Portugal ten unha incidencia de 148 casos a sete días, un 22 por cento menos que a semana anterior, o que constata a evolución favorable da pandemia no país.