Cargando resultados...
Os reis don Xoán Carlos e dona Sofía asisten á voda do herdeiro de Xordania
A cerimonia contou coa asistencia tamén de numerosos membros da realeza europea e de xefes de Estado do mundo árabe

G24.gal
01/06/2023 21:59
Os reis don Xoán Carlos e dona Sofía asistiron en Amman á voda do herdeiro de Xordania.
Esa imaxe había tempo que non se producía, vímola este xoves no casamento do príncipe Husseim coa saudí Rajwa Al-Saif. A cerimonia contou coa asistencia tamén de numerosos membros da realeza europea e de xefes de Estado do mundo árabe.
Destacou a presenza dos príncipes de Gales, do rei dos belgas ou dos reis dos Paises Baixos.
Había 20 anos que non se celebraba a voda dun príncipe herdeiro en Xordania.