Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Reis Magos visitan as aldeas do concello de Oímbra

Os Reis Magos visitan as aldeas do concello de Oímbra

Ademais de caramelos, reparten ilusión entre a veciñanza que vive no rural, a maior parte, xente maior

Melchor, Gaspar e Baltasar saúdan a unha veciña de Videferre
G24.gal 05/01/2025 16:13 Última actualización 05/01/2025 16:31

Foi a raíz da pandemia cando os Magos de Oriente decidiron ampliar a súa visita ao concello de Oímbra para achegarse a cada un das aldeas que o conforman.

Dende primeira hora da mañá deste 5 de xaneiro, a veciñanza agardábaos xa con ansia na primeira parada do seu percorrido, Videferre. Tan só hai un cativo, pero os maiores viven a súa chegada como unha festa.

A pesar do mal tempo, tiveron oportunidade de compartir cantigas e risas. A seguinte parada, Espiño; e así ata completar a decena de aldeas deste concello do rural ourensán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade