Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sanandresiños fanse famosos entre os turistas de todo o mundo

Os sanandresiños fanse famosos entre os turistas de todo o mundo

Un amuleto de orixe ancestral chama a atención de todos os que van a Santo André de Teixido

G24.gal 14/04/2023 21:11

Os sanandresiños son unha tradición con séculos de historia, transmitida de xeración en xeración, e que segue a gozar de grande popularidade entre turistas e peregrinos que visitan Santo André de Teixido.

Jorge é un dos poucos artesáns en activo de Santo André de Teixido que aínda elabora as tradicionais figuriñas de miga de pan: os sanandresiños. Traballa coa mesma técnica que lle aprendeu a súa nai.

Cada vez ten máis encargas doutros puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades españolas. Os sanandresiños gozan de gran popularidade entre os turistas e peregrinos que visitan o santuario.

Oito figuriñas compoñen o amuleto que, di a lenda, trae a sorte a quen o teña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade