Traballadores de Correos denuncian que hai milleiros de envíos paralizados por falta de persoal
Este mércores manifestáronse en Tui para sumarse ás denuncias que, segundo din, están a sufrir nunha gran parte das oficinas
Situación límite en Correos. O problema, segundo os traballadores, é a ausencia de contratacións para paliar as baixas no cadro de persoal e as vacantes nas datas de vacacións.
O servizo de carteiros é o máis afectado e xa comeza a sofrir un colapso. Hai miles de notificacións e cartas sen entregar, só na oficina principal de Vigo superan as oito mil. O motivo segundo denuncian os traballadores é a falta de persoal.
As protestan está a prodúcense en todo o territorio nacional, a última mobilización en Galicia foi en Tui para sumarse ás reivindicacións dos compañeiros.
Din que a situación é insostible e urxen solucións á empresa.