Cargando resultados...
Os tribunais autorizan o pasaporte covid para Andalucía, pero rexéitano para Aragón
En Cantabria, o Tribunal Superior rexeita adiantar o peche do ocio nocturno ás tres da madrugada

G24.gal
17/12/2021 20:23
A xustiza autoriza o uso do pasaporte covid en Andalucía para locais de ocio e hostalería, pero non así en Aragón, onde o rexeita para entrar en bares e restaurantes.
En Cantabria, o Tribunal Superior de Xustiza bota por terra a decisión do goberno autonómico de adiantar o peche do ocio nocturno ás tres da mañá.
As discotecas poderán seguir abertas ata as seis da madrugada.