Cargando resultados...
Os veciños do concello da Rúa seguirán sen poder consumir auga da billa ata novo aviso
As últimas análises obrigan de novo a aumentar o nivel de cloro no depósito da Artística
G24.gal
13/07/2023 15:51
Última actualización 13/07/2023 21:48
O concello da rúa emitiu este xoves un bando para informar de que se manteñen as restricións para o uso de auga potable no municipio.
Un gromo de gastroenterite fai pensar que un dos depósitos que abastecen a zona podería estar contaminado.
As últimas análises, di o Concello, obrigan de novo a aumentar o nivel de cloro no depósito da Artística. De entrada, non se poderá consumir auga ata novo aviso.
Os veciños poderán recoller auga na fonte do Campo de San Roque e na fonte que hai na esquina entre a rúa de San Roque e a rúa Fondeareas.
