Publicador de contidos

Publicador de contidos

Papá Noel percorre outra vez Ourense nunha zorra tirada por renos, malia a denuncia de colectivos animalistas

Papá Noel percorre outra vez Ourense nunha zorra tirada por renos, malia a denuncia de colectivos animalistas

Nun participativo desfile, canda elfos, percorreu o centro da cidade para renovar a ilusión de pequenos e maiores

A utilización de animais auténticos motivou a denuncia de Pacma, entre outros gupos ecoloxistas, ante o Seprona, a Xunta e o Concello

Desfile oficial do séquito de Papá Noel con renos polas rúas de Ourense este sábado. Rosa Veiga. Desfile oficial do séquito de Papá Noel con renos polas rúas de Ourense este sábado. Rosa Veiga.
G24.gal 22/12/2024 08:32

Papá Noel chegou esta sábado a Ourense coma todos os anos, canda os seus renos e en zorra, xornadas antes da entrega oficial de agasallos aos veciños da cidade.

Percorreu o centro da cidade nunha zorra tirada por cinco renos, como ocorreu outros anos, malia a denuncia do partido animalista Pacma. O percorrido comezou sobre as 19:00 horas do sábado desde o parque de San Lázaro e durante a ruta realizou numerosas paradas en que houbo varios espectáculos e algúns pequenos achegáronse a tocar aos animais.

O desfile, que durou sobre 45 minutos, contou cunha grande afluencia de xente e terminou na Praza Maior, onde Papá Noel, sentado no seu trono, recibiu os máis pequenos.

Na xornada do venres, Pacma, nunha nota de prensa, mostrou o seu rexeitamento a este tipo de prácticas, nun espectáculo festivo cargado de polémica, e explicou que interpuxo unha denuncia ante o Seprona, o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade