Cargando resultados...
Pechan o parque canino de Caranza, en Ferrol, por unha praga de procesionaria
A eiruga pode provocar irritacións nos oídos, nariz e gorxa das persoas e cun maior risco aínda para os animais

G24.gal
26/12/2023 21:15
Última actualización 26/12/2023 21:29
O parque canino do barrio de Caranza permanecerá pechado ata novo aviso pola detección dunha praga de procesionaria.
Así o informou a concelleira de Benestar Animal, Maica García, quen explicou que a eiruga pode provocar irritacións nos oídos, nariz e gorxa das persoas e cun maior risco aínda para os animais.
Desde o departamento de Sanidade do Concello xa traballan no control desta praga para evitar que se estenda a máis árbores e para poder abrir o parque con seguridade.