Percorremos o cemiterio de Pereiró da man dos seus moradores ilustres
O busto de Concepción Arenal preside a entrada ao cemiterio de Pereiró, e é ela a que comeza a guiar os visitantes polo camposanto onde repousan os seus restos. En hora e media, os visitantes achéganse ao cemiterio civil, onde repousan os restos dos alemáns e ingleses que chegaron a Vigo coas empresas de telégrafos ou ás vítimas da Guerra Civil coa súa simboloxía.
A guía explícanos que "o cemiterio ten moita riqueza histórica e é onde están os personaxes máis salientables de Vigo. As sepulturas teñen moita simboloxía moi interesante".
Nese camposanto descansan Ricardo Mella, o heroe da Reconquista de Vigo Cachamuíña ou Sanjurjo Badía, o empresario e inventor que trabou amizade co escritor Xulio Verne. As visitas a Pereiró adoitan facerse preto do Día de Todos os Santos, pero este ano aprazáronse algunhas por mor da chuvia.