Cargando resultados...
Peregrinos con ELA percorren o Camiño
A Garda Civil acompaña o grupo na ruta

G24.gal
05/09/2023 20:30
Última actualización 05/09/2023 20:38
Labor solidario o que está a facer a Garda Civil no Camiño de Santiago.
Acompañan ata Santiago un grupo de peregrinos formado por cinco persoas que teñen ELA e mais os seus acompañantes. En total son 30.
Este acompañamento da Garda Civil enmárcase dentro do Plan de Seguridade Xacobea, que ten por obxectivo garantir a seguridade e accesibilidade de todos.
Este grupo ten prevista a chegada a Compostela o xoves.