Pezas de Piazzola para o concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia
Comezará ás 21:30 h no Auditorio de Galicia
Tamén tocará o bandoneísta Claudio Constantini

O Auditorio de Galicia en Santiago acolle esta noite o tradicional concerto de Reis da Filharmonía de Galicia, baixo a batuta so director titular da orquestra, Paul Daniel.
O programa ten por título "Tren, barco, avión e outros medios de locomoción" e iInterpretarán pezas moi populares do repertorio clásico como "O voo do moscardón" de Rimski-Kórsakov.
O invitado especial da noite é o bandoneonista Claudio Constantini, que tocará pezas do arxentino Astor Piazzola.
As entradas están disponibles en www.compostelacultura.gal . Para poder acceder ao Auditorio de Galicia cómpre presentar certificado covid de vacinación ou unha proba PCR ou un test de antíxenos negativos.