Polémica polo alugueiro dun piso situado nun soto menos tres en Santiago
En pouco tempo chegaron moitas críticas polo piso as redes sociais
A inmobiliaria explicou que é un piso normal non un subterráneo
Se sitúa no soto menos 3 pola diferenza de nivel na rúa
Cada vez é máis difícil alugar un piso en Santiago de Compostela e, sobre todo, facelo a un prezo razoable. Por iso cando aparece algún anuncio dun novo inmoble hai certa expectación, como ocorreu con este que publicou unha inmobiliaria: "Alúgase piso de dous cuartos por 380 euros. Situado en Concheiros na planta soto menos 3".
A polémica saltou as redes e todo o mundo comentaba o ilóxico de vivir nun soto. Alba Lorenzo foi a primeira en publicar un chío sobre este anuncio e pronto a xente comezou a criticar a vivenda, sen apenas información.
Pero a cousa ten unha explicación sinxela. Non se trata dun soto subterráneo, é un piso norma,l pero o edificio en que se sitúa da á rúa de Concheiros e a de Triacastela, polo que o piso en cuestión está por debaixo do nivel da rúa. Por iso no rexistro catastral aparece como soto menos tres.
Parece que a polémica rematou, pero queda clara a dificultade para acceder ao mercado inmobiliario en Santiago.
Por certo, se alguén segue interesado neste piso nun soto menos tres de Concheiros, informamos de que xa está alugado.