Cargando resultados...
Portugal contará desde este sábado con 25 novos radares, algúns deles preto de Galicia
No norte haberá novos radares en Vila Nova de Gaia e no Porto

G24.gal
05/07/2024 17:58
Desde este sábado haberá 25 radares novos nas estradas portuguesas, moitos na zona máis próxima a Galicia. En concreto, no norte portugués haberá novos radares en Vila Nova de Gaia e no Porto. En total, Portugal contará con 123 radares, 23 deles de tramo.
A súa implantación é relativamente recente, pero non hai dúbidas do éxito obtido, porque dende que se controla a velocidade nas estradas, reducíronse nun 74 % os mortos nas estradas e nun 36 % os accidentes con vítimas.
A maior parte están situados nas estradas que rexistran máis sinistros, e non nas autoestradas. Ademais, están indicados con sinais de tráfico ou en distintas webs e aplicacións.