As bolsas do lixo contan con poucas alternativas
Un estudo revela que se mercan máis desde que hai que pagar polas bolsas no súper
Unha cousa é o que di a teoría para intentar reducir o consumo de plástico e outra ben distinta o que vemos no día a día. Porque este era o uso habitual de moitas das bolsas que daban no súper cando non había que pagar por elas. E hoxe, porén, cando un quere bolsas específicas para o lixo non lle queda outra que mercalas.
Isto é precisamente o que revela un estudo feito pola Universidade de California que di que desde que hai que pagar polas bolsas curiosamente gástanse máis.
Pero, a pesar dese aumento derivado de ter que mercar as bolsas do lixo, a resposta da poboación é clara. En cifras, se en 2008 de media ao ano por persoa se usaban máis de 300 bolsas dun só uso. En dez anos conseguiuse reducir esta cantidade a pouco máis de cen.