Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupa o consumo de alcol entre xente cada vez máis nova

Preocupa o consumo de alcol entre xente cada vez máis nova

O último informe sobre drogas de Proxecto Home confirma que os mozos españois empezan a consumir alcol cada vez máis novos

Os menores non poden acceder a locais de ocio nocturno onde estea alcol á vista, e sempre teñen que estar acompañados por un adulto responsable

As autorizacións para que accedan a estas festas carecen de validez

G24.gal 21/06/2022 14:47

O último informe sobre drogas de Proxecto Home confirma que os mozos españois empezan a consumir alcol cada vez máis novos. O dato preocupa, pero non a todo o mundo: hai pais que asinan autorizacións para que os seus fillos menores poidan ir a discotecas onde se lles vende alcol. Os expertos xa avisan de que esas autorizacións son papel mollado. 

A lei é moi clara. En España está prohibido o consumo de alcol a menores de 18 anos.
Polo tanto, carecen de validez as autorizacións que os pais asinan para que os menores acudan a festas en locais de ocio nocturno.

O avogado José Manuel Ferreiro di que esa autorización sería o mesmo que se dera permiso a un menor para conducir. Non se pode saltar a lei. 

"Sen validez e, ademais, incumprindo a lei", di Mirian Otero, técnica en prevención de condutas aditivas da consellería de Sanidade; explica que ese papel non ten ningún tipo de validez porque nunca podemos autorizar os fillos a saltar a lei. Aí estarían nun problema tanto os pais coma os hostaleiros, conclúe.

Aínda máis, para que o menor puidese entrar nun local de ocio nocturno no establecemento non pode estar á vista nada de alcol e sempre acompañados dun adulto con responsabilidade sobre o menor.

Os pais deben ter moi en conta os factores que facilitan o consumo de alcol. Preocupa o fácil acceso dos menores ao alcol en España e a permisividade social con novos costumes coma os botellóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade